Lunes 1 de octubre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

VIII Semana Cultural da Rocha

A Rocha celebra unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de obradoiros, exposicións, visitas guiadas, danza e festa.

Do 25 de setembro ao 2 de outubro, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

Galicreques 2012

Celébrase o XVII Festival Internacional de Monicreques, Galicreques. En total serán 44 funcións de monicreques, ás que haberá que sumar obradoiros, exposicións e mesas redondas. As entradas están xa á venda no Teatro Principal, a Zona "C" e a SGAE-Fundación de Autor.

Do 29 de setembro ao 7 de outubro en varios espazos da cidade.

Compartir: