Jueves 15 de septiembre 2011

Axenda

"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C

Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.

Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostra sobre Francisco Asorey na Fundación Torrente Ballester

Exposición sobre a figura de Francisco Asorey.

Do 9 de setembro ao 30 de outubro na Fundación Gonzalo Torrente Ballester

Axenda

Concerto da Banda Municipal

Novo concerto de verán da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por X.C. Seráns.

O xoves 15 de setembro, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

Concerto de Via Artis Konsort

A formación danesa Via Artis Konsort interpreta Cantos da fronteira. Este concerto forma parte da I edición do Festival Músicas da Itinerancia, que reúne en Compostela un total de sete agrupacións europeas que presentan un amplo percorrido por composicións propias da Idade Media.

O xoves 15 de setembro, ás 20:30 horas, na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Axenda

Teatro do Morcego presenta "American Café"

Teatro do Morcego presenta American Café,obra de R. Mohamed dirixida por Celso Parada e programada dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O xoves 15 e o venres 16 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: