Viernes 15 de julio 2011

Axenda

"Luces acrisoladas de Venezuela" na Casa das Asociacións

No marco das Xornadas Interculturais A Venezuela descoñecida, exhíbese a exposición Luces acrisoladas de Venezuela, composta por fotografías do artista plástico caraqueño Mauricio Villamizar. Este preparou tamén unha performance multimedia. Organiza a Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Asociación de Venezolanos de Santiago.

Do 5 ao 16 de xullo, no salón da segunda planta da Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

Vive o Verán!

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C

Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.

Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.

Axenda

Siniestro Total e Taller Atlántico Contemporáneo

Land of opportunity (Unión Soviética)
30 anos de Siniestro Total... e as súas circunstancias
. Este é o título do espectáculo que ofrece nesta xornada o Festival Vía Stellae. Dirixe Diego García e os arranxos son de Javier López de Guereña.

O venres 15 de xullo, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: