Domingo 3 de abril 2011

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

Concerto da Banda: Festival de Zarzuela

Novo concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, desta vez baixo o título Festival de Zarzuela. O programa será o seguinte:

Dona Francisquita (fandango), A. Vives.
A linda tapada, F. Alonso.
Os sobriños do capitán Grant, M. Fernández.
Luisa Fernanda, F. Moreno.
Os diamantes da coroa, F. Asenjo.
A Dolores (xota), T. Bretón.

O domingo 3 de abril, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Mostra con motivo do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo

A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.

Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.

Axenda

Arcadi Volodos no Ciclo de Piano Ángel Brage

Concerto do pianista Arcadi Volodos dentro do Ciclo de Piano "Ángel Brage", no que interpretará pezas de Mompou, Ravel e Liszt.

O domingo 3 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A memoria da xente" no Ensanche

A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSXM do Ensanche. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 2 ao 16 de abril, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Compartir: