Martes 5 de mayo 2009

Axenda

"O neno co pixama a raias" no ciclo Cinensino

Berlín, 1942. Bruno, de oito anos, é o fillo mimado dun oficial nazi. Ao ascender seu pai, a familia vese obrigada a abandonar a súa confortábel casa de Berlín e trasladarse a unha zona illada onde o solitario mozo non ten nada que facer nin ninguén con quen xogar. Este é o argumento de O neno co pixama de raias", que se proxecta no marco do ciclo Cinensino

O luns 4 e o martes 5 de maio, ás 10:00, 12:00 e 16:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Semana das constelacións "Representamos a Vía Láctea"

O programa Aula de Xogo, do Centro Sociocultural das Fontiñas, está a organizar semanas temáticas. Neste casoi vai estar dedicada ás constelacións cunha actividade titulada "Representamos a Vía Láctea".

O martes 5 de maio, ás 18:30 horas, no CSC das Fontiñas.

Compartir: