Sábado 30 de mayo 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

"Dáme veleno", de Sarabela Teatro, no Principal

Un avó e unha avoa, moi especiais, preocupados pola súa descendencia, tentan comunicarse con ela desde o alén. Un dos seus netos vive coa indefinible sensación do desaxuste co mundo, mentres as súas tías teñen a tola esperanza de poderen axudar coas súas accións a facer máis levadeira a existencia dos infelices. Este é o argumento de Dáme veleno, da compañía Sarabela Teatro.

O venres 29 e o sábado 30, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Miguel Poveda en Sons da Diversidade

Sons da Diversidade 2009 ofrece un espazo ao flamenco contemporáneo da man de Miguel Poveda, cantaor catalán que presentará temas do seu último traballo, Tierra de calma.

O sábado 30 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: