Martes 26 de mayo 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Obradoiro do espectador no CSC de Vite

Continúan as actividades do Obradoiro do espectador, unha singular iniciativa promovida pola Sala Nasa e a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais que ten por finalidade adestrar espectadores á hora de se enfrontar a propostas escénicas contemporáneas. Desta vez a proposta xira en torno a Menos 1, da compañía Pisando Ovos.

O martes 26 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.

Compartir: