Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.
[23/05/2009 11:00] Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".Axenda
As alumnas e alumnos de seis centros escolares composteláns levan a escena 16 coreografías de moi diversa temática no certame intercentros Compostela en danza.
[23/05/2009 19:30] O sábado 23 de maio, ás 19:30 horas, no Auditorio de Galicia.Axenda
Meiga do Norte xorde na primeira semana do mes de decembro de 2007, das inquedanzas de dous músicos compostelans que logo de varios anos tendo en mente a idea de formar unha banda de rock, deciden materializala dando como resultado Meiga do Norte. Agora forman parte do III Ciclo Revelando Voces.
[23/05/2009 21:00] O sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite.Axenda
Nova entrega do Ciclo Revelando Voces, desta volta con Miñor Swing, un cuarteto de corda formado por contrabaixo, violoncello e dúas guitarras. Inspiran seu estilo no jazz manouche e francés dos anos 30 tamén denominado gypsy swing, cuxo máximo expoñente era o célebre guitarrista belga Django Reinhardt.
[23/05/2009 21:00] O sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.