Miércoles 20 de mayo 2009

Axenda

Tirando da lingua dos rapaces no Teatro Principal

Nova edición do VII Concurso de Relato Oral Tíralle da Lingua, no que participan todos os rapaces e rapazas que teñan unha historia que contar, sexa popular, literaria ou inventada, sempre que sexa breve e en galego. Agora poderemos ver os resultados no Teatro Principal, nunha gran final.

O mércores 20 de maio, ás 9:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia interpreta a Haydn baixo a dirección de Juanjo Mena

Novo concerto do programa de abono da Real Filharmonía de Galicia, coa visita de Juanjo Mena como director convidado e coa interpretación das sinfonías 6, 7 e 8 de Haydn.

O mércores 20 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: