Domingo 2 de diciembre 2018

Axenda

"Híbrido", de Aarón Sanromán, na Zona C

Seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística, na convocatoria de propostas de selección en artes visuais para a Zona "C", o artista Aarón Sanromán presenta Híbrido, un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica.

Do 3 de outubro ao 9 de decembro, na Zona C.

Axenda

Francisco Llorens, pintor da paisaxe galega

Mostra está organizada polo Consorcio das Mariñas, como actividade da Ruta do Impresionismo das Mariñas, que se centra na figura do pintor Francisco Llorens.

Do 16 de novembro ao 2 de decembro, na avenida de Xoán XXIII.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Tres anos de Compostela Ilustrada", na Casa do Cabido

Selección de debuxos das tres edicións de Compostela Ilustrada: 2016, 2017 e 2018. Un centenar de obras de 32 artistas, entre eles Miguelanxo Prado, Javier Mariscal, Catel Muller, Mr. Zé ou o xaponés Ikeda Munehiro.

Do 22 de novembro ao 9 de xaneiro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Camiñantes", de Tino Martínez, no Museo das Peregrinacións

Unha mostra do fotógrafo Tino Martínez na que o peregrino deixa de ser por un momento un anónimo camiñante e se converte nun protagonista do Camiño.

Ata o 30 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Compartir: