Sábado 3 de febrero 2018

Axenda

"Desemellanzas", fotografías de Calrús

O fotógrafo Calrús amosa unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.

Do 2 de febreiro ao 9 de marzo, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C

Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.

Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Parafernalia", exposición retrospectiva do escultor César Lombera, na Casa do Cabido

A mostra exhibe o universo popular, fantástico, festivo, teatral e colorista do escultor César Lombera ao longo das súas diferentes etapas.

Ata mediados de febreiro de 2018, na Casa do Cabido.

Axenda

"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera

"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.

Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.

Axenda

"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas

Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.

Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

IX Exposición da Camelia

Arredor de 30 expositores mostrarán distintas variedades desta flor na mostra organizada pola sociación Cultural Rocha Forte.

O sábado 3 e o domingo 4 de febreiro, no Centro Sociocultural A Rocha.

Axenda

Escenas do Cambio 2018

Nova edición deste Festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción.

Do 1 ao 10 de febreiro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

A Banda Municipal nas festas de Sar

O barrio de Sar celebra o San Blas e a Banda Municipal de Música de Santiago ofrece un concerto para toda a veciñanza.

O sábado 3 de febreiro, ás 13:00 horas, na Colexiata de Santa María a Real de Sar.

Axenda

Xenerais da Ulla 2018

Varias parroquias compostelás e de municipios da comarca celebran o Entroido co tradicional atranque dos Xenerais da Ulla.

Os días 28 de xaneiro; 3, 4, 5, 10, 11, 13, 17, 18 e 24 de febreiro, e 3 de marzo, en varias parroquias de Santiago e comarca.

Axenda

Concerto solidario de Khitara

Liderados por Xosé Carballido, Khitara é un grupo que mestura a forza das guitarras eléctricas coas dozura das clásicas debuxando unha sonoridade orixinal.

O sábado 3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"

Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.

Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: