Miércoles 31 de marzo 2010

Axenda

Debuxando ao Principiño

O CSCX do Ensanche acolle un obradoiro de animación á lectura titulado Debuxando ao Principiño.

Os días 29, 30 e 31 de marzo, ás 9:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Festival de Músicas Contemplativas

Terceira xornada do Festival de Músicas Contemplativas. Nesta ocasión, oportunidade para escoitar a Divana Ensemble (India), Enma Kirby & London Baroque (Inglaterra) e Sheikh Toha (Exipto).

Ás 20:00 horas, Divana Ensemble na igrexa de San Martiño Pinario.

Ás 22:00 horas, Enma Kirby & London Baroque na igrexa das Ánimas.

Ás 23:55 horas, Sheikh Toha na igrexa da Universidade.

Axenda

Exercicio do Vía Crucis

Punto de saída
Igrexa de San Francisco

Percorrido
Campiño de San Francisco – Rúa de San Francisco – Praza do Obradoiro – Rúa de Fonseca – Praza das Praterías – Rúa da Conga – Praza da Quintana – Rúa da Conga – Praza das Praterías – Rúa de Fonseca – Praza do Obradoiro

A ter en conta...
Procesiona o Mércores Santo.

Orixinariamente procesionaba coa Cruz de Damasco dos PP. franciscanos, pero dende 1957 esta se sustitúe polo Cristo da Paciencia de Conxo.

Sempre está presidido polo arzebispo de Santiago de Compostela, participando no seu desnvolvemento unha representación de todas as cofrarías compostelás.

19:30 h. Eucaristía
20:00 h Vía Crucis

Axenda

Procesión do Cristo da Misericordia

Punto de saída
Igrexa das Orfas

Percorrido
Rúa das Orfas – Praza do Toural – Rúa do Vilar – Praza das Praterías – Rúa de Xelmírez – Rúa da Conga – Rúa Nova – Praza do Toural – Rúa das Orfas

A ter en conta...
Procesiona o Mércores Santo.

Procesiona coa cruz de guía acompañada de nenos de gala, música de banda de tambores e música de capela.

Os seus nazarenos visten hábito de sarga e capuz de raso negro con escapulario, bocamangas e cíngulo en cor marfil.

A talla do Santísimo Cristo da Misericordia é un ecce homo tallado por Diego de Sande, discípulo de Gregorio Fernández, que pertence a orden franciscana seglar, que se venera na súa capela.

A confraría organiza todos os anos un acto procesional especial de reverencia ao Apóstolo na praza de Praterías, único punto da súa estación de penitencia na que a comitiva se encontra ante a Catedral.

Ás 23:00 horas, dende a igrexa das Orfas.

Compartir: