Lunes 29 de marzo 2010

Axenda

Debuxando ao Principiño

O CSCX do Ensanche acolle un obradoiro de animación á lectura titulado Debuxando ao Principiño.

Os días 29, 30 e 31 de marzo, ás 9:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival de Músicas Contemplativas

Primeira xornada do Festival de Músicas Contemplativas. O evento comeza coa actuación de The Sixteen Choir & Orchestra. A continuación, a vietnamita Huong Thanh.

Luns 29 de marzo

Ás 20:00 horas, The Sixteen Choir & Orchestra na igrexa de San Francisco.

Ás 22:40 horas, Huong Thanh na igrexa da Universidade.

Axenda

Manualidades no CSC das Fontiñas

No marco do programa Aula de Xogo, sesión de manualidades.

Os sábados 8, 15, 22 e 29 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: