Martes 2 de marzo 2010

Axenda

A mostra "Iacobus Gallecia" na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago, que ofrece ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.

A exposición permanecerá aberta ao público do 11 de febreiro ao 5 de marzo de 2010 na Casa das Asociacións,
rúa Manuel Beiras, nº 3 (antiga estación de Cornes).

Axenda

Procesión do Santo Encontro

Punto de saída
Praza da Quintana

Percorrido
Praza da Quintana (Sermón del Encuentro) – Rúa da Conga –Praza das Praterías – Rúa do Vilar – Praza do Toural – Rúa Nova – Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Rúa da Algalia de Arriba – Rúa de San Roque – Rúa do Hospitaliño – Praza de San Martiño – Praza de San Miguel dos Agros

A ter en conta...
Procesiona o Venres de Paixón (procesión das Dores) e o Venres Santo (procesión do Santo Encontro).

Procesiona con cruz parroquial, música de banda de cornetas e tambores e banda de música municipal.

Os seus confrades visten hábito de sarga negro con puños, faixa e carapucha de moiré morado.

As imaxes da Virxe das Dores e do noso Pai Xesús Nazareno visten manto de veludo confeccionado e bordado nos obradoiros de costura Porto na segunda metade do século XX.

Na procesión do Santo Encontro procesionan ademais as figuras de San Xoán e da Verónica.

Ás 11:00 horas, dende a praza da Quintana.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: