Viernes 6 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Psicópata", comedia negra de Antón Coucheiro e Manuel Cortés

Germán Serra é un verdadeiro monstro. Coñecido coma o "artista do cúter", deixou un regueiro de asasinatos e pezas de arte con cadáveres que o fixeron famoso. Despois de dez anos en cadea, accedeu a realizar unha serie de performances organizadas por Institucións Penitenciarias para reducir a súa condea. Leva unha década sen matar, pero hoxe pode ser diferente... Psicópata é unha comedia negra sobre a falta de empatía, sobre o ascenso ao poder dos que non teñen escrúpulos e sobre o propio lado escuro que todos levamos dentro. Suspense, interactuación co público, vídeos, cancións, humor gráfico, gore, playmobils, dj, provocación, efectos especiais, un pouco de terror e, sobre todo, humor negro... Todo isto é Psicópata.

O mércores 4, o xoves 5, o venres 6 e o sábado 7 de marzo, ás 20:30 horas, e o domingo 8 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Burning

Burning, a banda madrileña, autores de temas como: "Qué hace una chica como tú en un sitio como éste", "Mueve tus caderas" o "Esto es un atraco", volven 8 anos despois da súa última actuación en Santiago, á sala Capitol para presentar Pura Sangre, o seu último disco, que os situou de novo en todas as listas do mellor do ano. A súa interminable xira está a responder a todas as expectativas de público e crítica. Os seus concertos céntranse en repasar os seus preto de 40 anos de carreira, cargados de temas emblemáticos e inspiradores de varias xeracións que son auténticos clásicos do rock feito en castelán.

O venres 6 de marzo, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: