Sábado 8 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado", de Daniel Candal: exposición fotográfica no Ensanche

Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado é un conxunto de 25 imaxes en branco e negro sobre o maior campo de concentración e exterminio da historia do nazismo. 25 fotografías acompañadas de textos explicativos sobre os motivos concretos de cada unha delas, explicacións históricas e relatos de prisioneiros.

Do 27 de xaneiro ao 8 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Luma Gómez

Luma Gómez presenta A tixola polo mango (Muller, non é para tanto), un monólogo gastronómico de consecuencias imprevisibles no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai.

O sábado 8 de febreiro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Desalmad@s", estrea absoluta

Unha muller busca a súa alma xemelga pero... Onde encontrala? En qué sitio se esconde esa "outra metade"? E se o corpo e a alma se contradín? De amor e soidade, de desilusión e de sonos, de tolos e cordos... De todo isto fala Desalmad@s.

O sábado 8, ás 20:30 horas, e o domingo 9, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"El arte de la entrevista", de Juan Mayorga

Luisa Martín e Alicia Hermida protagonizan El arte de la entrevista, de Juan Mayorga. Cecilia recibe en préstamo unha cámara de vídeo para facer un traballo escolar: unha entrevista. Animada pola súa nai –Paula–, a adolescente acende a cámara ante a súa avoa –Rosa–. Esa entrevista desencadeará outras, desestabilizando para sempre a vida familiar e facendo que Cecilia, Paula e Rosa se vexan como nunca antes se viron.

O sábado 8 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Jabier Muguruza

Beste Hogei, o novo disco de Jabier Muguruza como cantautor, ofrécenos 10 novos temas, como nunha clara declaración de intencións, declaración de seguir adiante, de seguir traballando na canción de autor.

O sábado 8 de marzo, ás 21:00 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: