Domingo 16 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"Galizien Amerika Linie", por Xacarandaina

Xacarandaina presenta o seu espectáculo Galizien Amerika Linie, que pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

O domingo 16 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Motorama, rock ruso na Zona C

Dende unha das escenas musicais más descoñecidas de Europa, a rusa, chega por primeira vez a Galicia Motorama, unha banda creada no año 2006 en Rostov on Don, unha remota cidade ao borde da fronteira con Ucrania. Abandeirados do post punk, un xénero moi popular no seu país, válense de sintetizadores, unha poderosa sección rítmica e unha voz que inevitablemente recórdanos á de Ian Curtis.

O domingo 16 de febreiro, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: