Sábado 15 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Joaquín Reyes

Joaquín Reyes regresa a Santiago cun novo monólogo: ¡Qué me aspen!. Esta vez ofrécenos a súa polaridade máis ingrata e oculta, mostraranos os perigos de non ter filtro ao falar...

O sábado 15 de febreiro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Gita all'inferno"

Un político anónimo é asaltado e morto nunha anónima floresta à entrada de unha cidade anónima. Orientado por un estraño, vivindo à marxe da sociedade, é informado da súa nova condición de "alma perdida". Terá que facer escollas, comezando unha viaxe a través do Inferno de Dante, esperando saír da escuridade. Moito mudou desde 1300.

O sábado 15 de febreiro, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: