Domingo 19 de mayo 2013

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

Exposición fotográfica do último certame MúsicaXove

Como unha das actividades de promoción para os grupos participantes no Certame MúsicaXove, que cada ano programa a Concellería de Xuventude, realízase unha exposición composta por 32 fotografías e imaxes representativas do concurso. As fotos tomáronse durante o concerto das finais, celebrado o 20 de decembro do 2012 na Sala Capitol, e foron realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. Neste concerto participaron os sete grupos finalistas.

Ata o 20 de maio, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"A Berenguela", mostra visual no Museo das Peregrinacións

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías) acolle a exposición A Berenguela, unha mostra visual sobre a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, unha das obras cume do barroco e que foi recentemente restaurada.

O Consorcio de Santiago abre esta exposición en colaboración con Teófilo Comunicación. Precisamente, aproveitando a restauración da Torre, o fotógrafo da empresa de comunicación Alberte Peiteavel, realizou unha extensa reportaxe fotográfica que permitiu descubrir detalles arquitectónicos que habitualmente pasan desapercibidos ao ollo do viandante.

A exposición componse dunha selección destas fotografías acompañadas de textos explicativos e elementos audiovisuais.

No Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Decabike. O día da bicicleta de Decathlon

Celébrase a terceira edición do Decabike. O día da bicicleta de Decathlon. Ás 11:30 hroas arrincará do Decathlon da Costa Vella unha marcha en bicicleta que seguirá pola avenida de Asturias, Cruceiro da Coruña, San Caetano, Xoán XXIII e praza do Obradoiro, realizando logo o percorrido á inversa. Está previsto que a marcha dure en torno á hora e media. As inscricións pódense facer na mesma tenda.

Dende unha hora antes da saída, os máis pequenos poderán gozar dun circuíto de educación viaria, de patinaxe e mesmo dun taller de axuste e mantemento de bicicletas. Logo da carreira haberá sesións fotográficas, entrega de camisetas e agasallos e diversos xogos e actividades.

O domingo 19 de maio, ás 11:30 horas, na tenda Decathlon da Costa Vella.

Axenda

"Bailadelas, mulleres bolañesas"

Teatro Antroido presenta con motivo do Ano de Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013 Bailadelas - mulleres bolañesas, dirixida por Roi Vidal Ponte e interpretada pola actriz Laura Ponte, fundadora xunto con Roberto Vidal Bolaño da compañía Teatro Antroido, revivida para esta producción, onde a persoa e as personaxes de R. Vidal Bolaño, protagonizan unha obra única para un ano único.

O sábado 18 e o domingo 19 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: