Viernes 10 de mayo 2013

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

Exposición fotográfica do último certame MúsicaXove

Como unha das actividades de promoción para os grupos participantes no Certame MúsicaXove, que cada ano programa a Concellería de Xuventude, realízase unha exposición composta por 32 fotografías e imaxes representativas do concurso. As fotos tomáronse durante o concerto das finais, celebrado o 20 de decembro do 2012 na Sala Capitol, e foron realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. Neste concerto participaron os sete grupos finalistas.

Ata o 20 de maio, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"A Berenguela", mostra visual no Museo das Peregrinacións

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías) acolle a exposición A Berenguela, unha mostra visual sobre a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, unha das obras cume do barroco e que foi recentemente restaurada.

O Consorcio de Santiago abre esta exposición en colaboración con Teófilo Comunicación. Precisamente, aproveitando a restauración da Torre, o fotógrafo da empresa de comunicación Alberte Peiteavel, realizou unha extensa reportaxe fotográfica que permitiu descubrir detalles arquitectónicos que habitualmente pasan desapercibidos ao ollo do viandante.

A exposición componse dunha selección destas fotografías acompañadas de textos explicativos e elementos audiovisuais.

No Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Xan Perillán e a maleta máxica", títeres en Bonaval

Os Monicreques de Kukas representan Xan Perillán e a maleta máxica, espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, a partir de 3/4 anos, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres. Interpretado por Marcelino de Santiago (Kukas), está dirixido por Isabel Rei Pousada.

O venres 10, o sábado 11 e o domingo 12 de maio, ás 17:30 e 19:00 horas, na Zona C, en San Domingos de Bonaval..

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Gala lírica dos conservatorios de Galicia

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) organiza unha gala de fin de curso cos mellores alumnos de canto dos conservatorios profesionais de Galicia, en colaboración co Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago de Compostela.

O venres 10 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: