Domingo 17 de noviembre 2013

Axenda

Cineuropa

Cineuropa celebra neste 2013 a súa 27ª edición do 7 ao 29 de novembro con proxeccións en distintas salas, concertos e actividades complementarias.

Do 7 ao 29 de novembro.

Axenda

"Rúas de Compostela. De onte a hoxe", na Casa do Cabildo

Rúas de Compostela. De onte a hoxe é o título da nova exposición na Casa do Cabido, organizada polo Consorcio de Santiago, que propón un percorrido a través da historia e da evolución do rueiro, con informacións sobre a orixe dos seus nomes, a súa historia e os seus veciños. Tamén se inclúen mapas históricos da cidade e algunhas das antigas placas cos nomes das rúas que estiveron colocadas ata 1965.

A exposición conta coa colaboración do Ateneo de Santiago coa inclusión dun vídeo con fotografías antigas da cidade.

Ata o 30 de decembro de 2013, na Casa do Cabildo.
Martes a sábados: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h.
Domingos: 11:00-14:00 h.

Axenda

"O bosquexo do mundo", no Auditorio

A exposición O bosquexo do mundo sérvese da ambigüidade e riqueza do termo "bosquexo" como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados.

A selección abrangue varias xeracións, dende artistas que iniciaron a súa traxectoria nos anos oitenta, ata os máis novos, nacidos a principios desa mesma década, ou na inmediatamente anterior, nos 70. Autores que traballan nos máis variados ámbitos creativos, utilizando técnicas e materiais —debuxo, gravado, pintura, colaxe, escultura, fotografía, vídeo, instalación— que en ocasións funcionan como método de investigación, como soporte ou material de apoio para as obras.

A relación de 21 artistas que participan nesta exposición é a seguinte: Marta Bran (Melide, A Coruña, 1986); Berta Cáccamo (Vigo, 1963); Bosco Caride (Vigo, 1963); Rosendo Cid (Ourense, 1974); Tamara Feijoo (Ourense, 1982); Beatriz Lobo (Vigo, 1985); Juan Loeck (Santander, 1959); Rut Massó (Vigo, 1970); Din Matamoro (Vigo, 1958); Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964); Santiago Mayo (Tal, A Coruña, 1965); Tatiana Medal (A Coruña, 1971); Miguel Mosquera (Ourense, 1953); Doa Ocampo (Sober, Lugo, 1986); Kiko Pérez (Vigo, 1982); Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965); Isaac Pérez Vicente (O Rosal, Pontevedra, 1955); Juan Carlos Román (Bilbao, 1961); Teo Soriano (Mérida, Badaxoz, 1963); Tayone (Vigo, 1980) e Mauro Trastoy (Ferrol, 1971).

Ata febreiro de 2014, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"O mundo de Ditea" no Centro Sociocultural de Santa Marta

Con motivo desta homenaxe realizada a Agustín Magán por Centros Socioculturais e a compañía Ditea, ábrese a exposición O mundo de Ditea, que amosa a traxectoria desta compañía.

Ata o 4 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de martes a sábado) no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Axenda

Outono Fotográfico 2013

A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis co Outono Fotográfico en Santiago de Compostela.

Os traballos seleccionados para expor nos centros socioculturais en Santiago este ano amosan a percepcións e reflexións persoais sobre temáticas como as festas, os lugares abandonados, os recordos, o medio natural, as panorámicas de Galicia, a cor vermella ou os espazos domésticos:

- Luisa Lorenzo, de Pousada (Maside) expón De festas no CSC de Vite.
- Iñaki Mantilla, de Vigo, expón Onde habita o esquecemento no CSC de Conxo.
- Martín García, de Vigo, expón Formato panorámico no CSC do Castiñeiriño.
- Mar Catarina, de Vilagarcía de Arousa, expón A Lagoa no CSC da Trisca.
- Víctor Barro, de Suíza, expón Parque Nacional de Ecrins, onde amanece sobre Seracs no CSC das Fontiñas.
- Ana Gil, de Ourense, expón Brumas e temores no CSCXM do Ensanche.
- Colectivo Aula K, da Coruña, expón Vermello na Casa das Asociacións (Cornes).

Ademais dos centros socioculturais, hai outros espazos expositivos do Festival, como a Sala Kunsthalle (rúa da Conga, 8), onde estará a mostra A noite, de Vítor Nieves (curador) e Luisa Dörr do 4 de decembro ao 12 de xaneiro.

As exposicións poden visitarse do 4 ao 30 de novembro, a excepción da de Víctor Barro do CSC das Fontiñas, que estará aberta do 9 ao 30 de decembro.

Axenda

"Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia"

O CSC das Fontiñas acolle exposición documental Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, producida dende o Departamento de Centros Socioculturais para o programa Compostela Cine Classics 2013.

Esta exposición fai un percorrido sentimental pola historia de Santiago no século XX a través dos seus cines e as súas xentes. Co obxectivo de achegar aos visitantes unha parte da intrahistoria da cidade con testemuños de veciños e veciñas en torno ao cine e as salas de proxección como lugares de encontro e relación, pretendese tamén render unha homenaxe a este feito social que para todos é entrañable e próximo.

Ata o 30 de novembro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Cineuropa Concerto

Durante o mes de novembro e con motivo de Cineuropa, ademais de proxeccións de filmes, haberá unha ampla programación de música.

Durante o mes de novembro en varios espazos da cidade.

Compartir: