Viernes 4 de octubre 2013

Axenda

"Rúas de Compostela. De onte a hoxe", na Casa do Cabildo

Rúas de Compostela. De onte a hoxe é o título da nova exposición na Casa do Cabido, organizada polo Consorcio de Santiago, que propón un percorrido a través da historia e da evolución do rueiro, con informacións sobre a orixe dos seus nomes, a súa historia e os seus veciños. Tamén se inclúen mapas históricos da cidade e algunhas das antigas placas cos nomes das rúas que estiveron colocadas ata 1965.

A exposición conta coa colaboración do Ateneo de Santiago coa inclusión dun vídeo con fotografías antigas da cidade.

Ata o 30 de decembro de 2013, na Casa do Cabildo.
Martes a sábados: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h.
Domingos: 11:00-14:00 h.

Axenda

"Dalí e daquí", mostra de María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos

Dalí e daquí, amosa as últimas creacións das novas artistas María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose. Partindo da pintura e abarcando outros ámbitos, o seu traballo baséase en amosar as diferentes perspectivas da súa percepción do ser humano.

As obras destas artistas representan as súas vivencias e experiencias persoais en lugares dispares, pero mantendo vínculos comúns.

Do 3 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Festival Internacional de Títeres: Galicreques 2013

Santiago acolle a XVIII edición do Festival Internacional de Titeres, Galicreques 2013.

Do 28 de setembro ao 6 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Touporroutou da lúa e do sol", de Roberto Vidal Bolaño

Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego, e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, esta nova versión do texto que moitos especialistas na obra de Roberto Vidal Bolaño consideran como o de máis alta calidade escénica de todos os que escribiu para o público infantil.

Venres 4 outubro, ás 19:00 horas.
Sábado 5 e domingo 6 outubro, ás 18:00 horas.
Sábado 12 e domingo 13 de outubro, ás 18:00 horas.
Sábado 19 e domingo 20 de outubro, ás 18:00 horas.

Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea

Segunda edición das Xornadas de Música Contemporánea, que teñen o obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Mantense a liña de traballo e colaboración institucional con que arrancou froito da iniciativa, coordinación e promoción da Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Concello de Santiago, e a quenes se sumaron as substanciais achegas do Consorcio de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña e as colaboracións de institucións pedagóxicas musicais da cidade como o Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal de Música.

Músicos especialmente sensibles á difusión da música actual en Galicia como Florian Vlashi, Berta Fresco, Marcos Escobar, Jesús González, Mario Diz (responsable do Espazo de Cámara da USC), Anne Tooming, David Durán, etc., completan un calendario de concertos que coida especialmente o compoñente didáctico e educativo a través do seu programa A desTempo, que ten unha clara vocación de chegar a novos públicos e inclúe charlas preconcerto e un amplo programa de concertos familiares, escolares e didáctico.

Do 27 de setembro ao 31 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Compartir: