Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....
[30/03/2011 10:00] Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".Axenda
A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC das Fontiñas. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.
[30/03/2011 10:00] Do 15 ao 30 de marzo, no Centro Sociocultural das Fontiñas.Axenda
A Casa das Asociacións de Cornes acolle a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.
[30/03/2011 10:00] Do 18 de marzo ao 2 de abril, na Casa das Asociacións.Axenda
A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.
[30/03/2011 18:30] Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.