Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Agenda
Compartir:

Agenda
Viernes 18 de marzo 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

[18/03/2011 10:00] Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.


Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

[18/03/2011 10:00] Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".


Axenda

"A memoria da xente" en Fontiñas

A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC das Fontiñas. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

[18/03/2011 10:00] Do 15 ao 30 de marzo, no Centro Sociocultural das Fontiñas.


Axenda

"A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro", na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións de Cornes acolle a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.

[18/03/2011 10:00] Do 18 de marzo ao 2 de abril, na Casa das Asociacións.


Axenda

Mostra sobre o álbum ilustrado danés

A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.

[18/03/2011 10:00] Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).


Axenda

Mostra con motivo do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo

A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.

[18/03/2011 18:30] Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal