Miércoles 14 de enero 2015

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Sumrrá no Teatro Principal

Tras 14 anos de vida, catro discos e múltiples xiras internacionais, o trío compostelán de jazz Sumrrá grava ao vivo o seu quinto disco no Teatro Principal en dous concertos, en dous seráns consecutivos. O, segundo Candido Querol, "trío máis innovador da escena española" atesoura unha das traxectorias máis sólidas e constantes do panorama jazzístico español, cunha gran proxección internacional. Cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, no que cómpre salientar a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos... Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos.

O martes 13 e o mércores 14 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: