Jueves 12 de junio 2014

Axenda

Oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, do ano 2013, ofrece a oportunidade de acceder á arte máis actual, un conxunto de 46 obras onde a frescura dos novos artistas se fai presente a través de diferentes métodos de representación. Así podemos encontrar dende os procedementos máis tradicionais como o óleo sobre lenzo ata imaxes virtuais, recreacións de cámaras escuras ou instalacións audiovisuais. Nesta edición, o primeiro dos premios foi para Olaia Sendón; o segundo para María Castellanos e o accésit para Jesús Madriñán.

Ata o 3 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostela interpreta os pioneiros da fotografía" na Casa do Cabildo

O Consorcio de Santiago promove a exposición Compostela interpreta os pioneiros da fotografía na Casa do Cabido. Trátase de 51 instantáneas realizadas por outros tantos fotógrafos da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, que decidiron reinterpretar as imaxes dos grandes mestres desta arte entre 1840 e 1930.

A mostra pode visitarse na Casa do Cabildo ata o 3 de xullo; de martes a sábado, polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos a Casa do Cabido abre de 11.00 a 14.00 horas e os luns permanece pechada.

Axenda

Mostra sobre os camiños a Santiago por Castela e León

A exposición Ayer y hoy de los caminos a Santiago por Castilla y León. El Camino Francés é unha iniciativa promovida pola Xunta de Castela e León e impulsada pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. Esta mostra itinerante reúne 58 imaxes antigas en branco e negro de diversos lugares do Camiño Francés ao seu paso polas provincias de Burgos, Palencia e León. As fotografías forman parte dos fondos da Filmoteca de Castela e León e pertencen a diferentes autores. A estas instantáneas antigas contrapóñense outras tantas actuais, realizadas en cor polo fotógrafo valisoletano José Luis Santos Cid, que buscou a perspectiva e o encadre máis semellantes aos das orixinais. Móstrase así a evolución do Camiño ao seu paso pola comunidade leonesa nos últimos 40 anos.

A exposición poderá visitarse ata o 4 de xullo; de martes a sábado, polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos e festivos o Museo das Peregrinacións e de Santiago abre de 11.00 a 14.00 horas e os luns permanece pechado.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música no CEIP As Fontiñas

A Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, ofrecerá un concerto no Colexio Público das Fontiñas para celebrar o XX aniversario deste centro.

O xoves 12 de xuño, ás 20:00 horas, no CEIP As Fontiñas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Demolición", por Talía Teatro

Dúas persoas moi distintas coinciden, casualmente, como curiosos espectadores da demolición dun gran edificio que, despois de anos e anos de litixios e demoras, ten que ser derrubado por mandato xudicial. Na medida en que entre eles dous se vai establecendo unha insospeitada relación, asistimos a un espectáculo que fala do que todo o mundo fala. Demoledoramente divertido. Demoledoramente humano. Isto é Demolición, traxicomedia para dous actores de Talía Teatro.

O mércores 11 de xuño e o xoves 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto extraordinario de fin de curso da EAEM

Un concerto extraordinario coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo mestre Maximino Zumalave, pon o broche de ouro aos concertos de fin de curso da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM). Participarán os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestal, Daniel Souto Neira, óboe, Aleix Vaqué, frauta, Emilio Alonso Espasandín, clarinete, Olaf Jiménez, trompa, e Mili Fernández e Antonio Navarro, violíns.

O xoves 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco.

Axenda

"Improfighter!" Campionato Galego de Improvisación 2014

Tras o éxito da edición anterior, chega a Compostela por segundo ano o Campionato de Improvisación Teatral Galego. As semifiais de Improfighter! celebraránse en dous días no Salón Teatro, e será o Teatro Principal o espazo que acolla a gran final. Cada unha das tres funcións será irrepetible.

Os xoves 12 e 19 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: