Miércoles 27 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Eloqventia

Compostela, meta do Camiño, non esquece a inspiración musical que supuxo o Camiño de Santiago. Na Colexiata de Sar, o Festival de Músicas Contemplativas presenta a actuación Eloqventia e o seu Peregrinatio: cánticos e milagres no Camiño.

O mércores 27 de marzo, ás 20:00 horas, na Colexiata de Sar.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

As variacións Goldberg

Un dos clásicos do Barroco, as Variacións Goldberg de Bach (orixinais para clave), revisadas polo violinista azerbaiano Dmitri Sitkovetski para trío de violín, viola e violoncello que serán interpretados polos mestres da Real Filharmonía de Galicia

O mércores 27 de marzo, ás 22:00 horas, na igrexa de San Bieito.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: