Martes 26 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Zefiro Baroque Orchestra

No que é un dos concertos estrela deste Festival de Músicas Contemplativas, a orquestra barroca italiana Zefiro e o seu director Alfredo Bernardini contan coa colaboración do baixo Fulvio Bettini neste variado programa relixioso inspirado nos lamentos e a paixón tan propios de Semana Santa. A cita é un dos máis famosos monumentos composteláns na igrexa de San Domingos de Bonaval.

O martes 26 de marzo, ás 20:30 horas, na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: