Domingo 24 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece o seu habitual concerto dos domingos nos que achega a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta nesta ocasión é especial e dedicada á Semana Santa.

O domingo 24 de marzo, ás 13:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Real Filharmonía de Galicia

Coa intención de converterse nunha das citas estables deste Festival de Músicas Contemplativas, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en Santa María de Conxo un dos clásicos de Semana Santa, As sete últimas palabras de Cristo na Cruz.

O domingo 24 de marzo, ás 19:30 horas, na igrexa de Santa María de Conxo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Omar Argentino Galván

Omar Argentino Galván, un clásico internacional en improvisación, presenta Solo de impro no ciclo Teatro & Danza. Un paseante cre lembrar, pero en realidade improvisa, historias a partir das frases escritas nos papeis que leva pegados no seu vestiario. As micro-obras vanse relacionando entre si por un fío condutor que xorde das mesmas improvisacións, chegando a un final onde todo conflúe nun universo que revela os motivos que moven a este personaxe itinerante.

O domingo 24 de marzo, ás 20:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Benjamin Grosvenor

Despois de Sebastian Knauer, poderemos gozar no Ciclo de Piano Ángel Brage de Grosvenor. Recoñecido internacionalmente polas súas electrizantes actuacións, a súa exquisita técnica e o seu xenial estilo, Benjamín Grosvenor é un dos pianistas novos máis solicitados no mundo.

O mércores 24 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ars Atlántica

A igrexa de San Fiz de Salorio acolle a singular proposta de Ars Atlántica, un programa de composicións feitas a ambas beiras do Atlántico por monxas de clausura.

O domingo 24 de marzo, ás 21:30 horas, na igrexa de San Fiz.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: