Lunes 11 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Lume", por Títeres Babaluva

Lume é unha adaptación de Teatro Babaluva inspirada nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais). Unha proposta innovadora na que dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa. Os títeres e os elementos escenográficos están construídos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles e sen apenas transformación.

O domingo 10 de marzo, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

O luns 11 e o martes 12, funcións escolares ás 10:00 e 11:30 horas.

Compartir: