Viernes 1 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Escenas Poéticas 1: Aneis"

Aneis, Asombro e Desassosego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.

O 1 e o 2 de marzo, ás 20:30 horas, e o 3 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.

Axenda

Arizona Baby

Arizona Baby seguen facendo historia. Tras convulsionar a música española co seu innovador formato acústico e austeridade básica, volven cun sonoro EP de temas novos, The truth, the whole truth and nothing but the truth, e unhas exclusivas (e limitadas) presentacións do mesmo mentres proseguen a súa aventura en Corizonas e preparan o seu terceiro álbum oficial para 2013. Estarán acompañados polos portugueses A Jigsaw.

O venres 1 de marzo, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: