Sábado 9 de septiembre 2017

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura

documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia

Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís

O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.

Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.

Axenda

"Vive o verán", actividades para todos e todas nos centros socioculturais de Compostela

Os CSC ofrecen un amplo programa de actividades durante o verán, nos propios centros e noutros puntos da cidade.

Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, nos centros socioculturais.

Axenda

WOS Festival (do 6 ao 10 de setembro)

O WOS Festival ofrece unha mostra das artes alternativas durante catro días na cidade de Santiago.

Do 6 ao 10 de setembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

Rock is Dead Fest 2017

Nova edición do Rock Is Dead Fest. Máis de 12 horas de música en directo e con actividades gratuitas para os cativos da familia.

O sábado 9 de setembro, no parque de Belvís.

Axenda

Poesía visual na Cidade da Cultura

A través de dúas figuras senlleiras, Uxío Novoneyra e Antón Lamazares, reunidos na excepcional mostra Flor Novoneyra, os máis pequenos da casa vanse converter durante unha tarde en poetas e artistas.

O sábado 9 de setembro, ás 17:00 horas, na Cidade da Cultura.

Axenda

XXXI Semana Cultural de Conxo

XXXI edición da Semana Cultural de Conxo, que inclúe desde a creación dunha hora urbana, contacontos, rutas en bicicleta e conferencias sobre medio ambiente.

Do 5 ao 9 de setembro, no CSC de Conxo.

Axenda

"Voos", proposta para soñar

A compañía Aracaladanza leva ao escenario unha proposta onírica que convida ao público a abrir as ás e voar.

O sábado 9 setembro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Apego: Ruta polas Brañas de Sar

Ruta interpretativa polas Brañas do Sar, coñecendo os seus valores naturais e usos.

O sábado 9 de setembro, ás 18:30 horas, dende o CIAC.

Axenda

Festas da rúa de Abaixo

A Asociación veciñal As Marías organiza un ano máis as festas da rúa de Abaixo, unha celebración para todos os públicos con varias propostas.

Do 6 ao 10 de setembro, na rúa do Espírito Santo.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: