Jueves 14 de diciembre 2017

Axenda

Nadal Compostela: máis de 50 actividades para todos os públicos

Máis de medio cento de actividades para todos os públicos e en diferentes espazos da cidade e dos barrios.

Ata o 6 de xaneiro.

Axenda

"O Camiño Francés a Santiago", polo Mestre Munehiro Ikeda

Selección da reprodución dos debuxos realizados por Munehiro Ikeda na súa obra El Camino de Santiago en España, realizado nos anos 1983-1984.

Do 9 de novembro o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"Modelo X armar", exposición de artistas galegos no CGAC

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Xulio Cortázar, 62/Modelo para armar, abórdase a colección coma un modelo por construír.

Do 9 de novembro ao 28 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Mise en Abyme", pinturas e acuarelas de Eduardo Batarda

Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España.

Do 11 de outubro ao 21 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Por fin Santiago!", os cadernos de viaxe de Alfredo

Cando a afección polos cadernos de viaxe e os movementos de ilustradores urbanos aínda non estaban de moda, Alfredo xa saía á rúa con papel e lapiseiros de cores para retratar as cidades.

Do 9 de novembro ao 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións.

Axenda

Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.

Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"cultRural": A Compostela rural

Santiago reivindica a súa esencia e identidade rural e a analiza as novas propostas dirixidas a dinamizar este ámbito tan importante do municipio. O cultRural acolle tamén o IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo.

Do 12 ao 19 de decembro, na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Cociñando coas avoas", obradoiros de cociña tradicional

Dous obradoiros de cociña tradicional nos que mulleres maiores, con ampla experiencia na preparación de pratos típicos, ensinan a cociñar a un grupo de mozos e mozas as súas receitas favoritas.

Os días 13 e 14 de decembro, ás 16:30 horas, na Praza de Abastos.

Axenda

"Pasearte": arte contemporánea nos escaparates

Durante as festas de Nadal, a arte toma a rúa como espazo expositivo. As creacións, nas diferentes disciplinas, exhíbense nos escaparates de 85 locais da área comercial do Ensanche.

Ata o 5 de xaneiro, nas rúas do Ensanche.

Axenda

Belén familiar de Conxo

Como cada Nadal, o tradicional Belén de Conxo, que se organiza desde o ano 1946, abre as súas portas para que todos os composteláns e visitantes admiren a súa impoñente montaxe.

Ata o 7 de xaneiro, na casa da familia Otero (ruela de Torrente, 6).

Axenda

"Os soños na gaiola", por Títeres Alakrán

Os soños na gaiola, de Manuel María, é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María.

O xoves 14 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite.

Axenda

"O quinto inverno", con María Muñoz e Pep Ramis

Espectáculo de MalPelo, creado e interpretado por María Muñoz e Pep Ramis, que ofrece unha reflexión, marcada por unha expresión poética, sobre o paso do tempo e os límites do propio territorio.

O xoves 14 de decembro, ás 20:30 e 21:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Fémina Sapiens", no Salón Teatro

Fémina Sapiens é un "sólo" teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens.

O xoves 14 e o venres 15 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.

Axenda

"Lendas suburbanas", por Quico Cadaval

Quico Cadaval visita o Centro Xove da Almáciga coa súa narración de Lendas suburbanas.

O xoves 14 de decembro, ás 20:30 horas, no Centro Xove da Almáciga.

Axenda

Contacontos no Nadal no Centro Xove da Almáciga

A Asociación Memoria Atlántica presenta un espectáculo sobre as lendas e o Nadal.

O xoves 14 de decembro, ás 21:00 horas, no Centro Xove da Almáciga.

Compartir: