Viernes 10 de noviembre 2017

Axenda

"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia

Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.

Ata novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O Camiño Francés a Santiago", polo Mestre Munehiro Ikeda

Selección da reprodución dos debuxos realizados por Munehiro Ikeda na súa obra El Camino de Santiago en España, realizado nos anos 1983-1984.

Do 9 de novembro o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Exposición de esculturas do Mestre Mateo

A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.

Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.

Axenda

"A familia do Vurdalak", de A. Tolstoi

Conto de vampiros escrito en 1839 por Alexei Tolstoi, antes da publicación do famoso Drácula de Bram Stoker. Parte da estrutura dunha lenda popular para crear unha historia de terror coas características propias do xénero.

O xoves 9 e o venres 10, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Modelo X armar", exposición de artistas galegos no CGAC

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Xulio Cortázar, 62/Modelo para armar, abórdase a colección coma un modelo por construír.

Do 9 de novembro ao 28 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

"Mise en Abyme", pinturas e acuarelas de Eduardo Batarda

Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España.

Do 11 de outubro ao 21 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

X edición do concurso Santiago(é)tapas

Nova edición de Santiago(é)tapas. O público percorre rutas de bares e restaurantes probando propostas tradicionais e creativas.

Do 2 de novembro ao 19 de novembro, nos locais hostaleiros participantes.

Axenda

"A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979"

Esta exposición peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual.

Do 19 de outubro ao 10 de decembro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

Mostra "Caminhos do ferro e da prata. Linhas do Douro e do Minho"

Da innegable importancia histórica da construción da liña férrea do Douro e do Miño dá conta unha exposición con documentos gráficos dun dos pioneiros da fototipia en Portugal, Emílio Biel, datados en 1887.

Do 12 de outubro ao 29 de novembro, na igrexa da Compañía (Universidade).

Axenda

II edición de Compostela Ilustrada

Clases maxistrais, obradoiros, presentacións, noites gastronómicas, exposicións... Todo isto no II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada.

Do 9 ao 12 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela

Amosaranse experiencias galegas, estatais e internacionais sobre recursos específicos destinados ás persoas sen fogar.

O venres 10 de novembro, a partir das 10:00 horas, no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Axenda

"Por fin Santiago!", os cadernos de viaxe de Alfredo

Cando a afección polos cadernos de viaxe e os movementos de ilustradores urbanos aínda non estaban de moda, Alfredo xa saía á rúa con papel e lapiseiros de cores para retratar as cidades.

Do 9 de novembro ao 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións.

Axenda

Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"

Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.

Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.

Axenda

"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC

A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.

O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Cineuropa'31 (do 7 ao 28 de novembro)

O festival Cineuropa alcanza a súa XXXI edición, enchendo de cinema o mes de novembro.

Do 7 ao 28 de novembro, en seis salas da cidade.

Axenda

"Un cuarto propio", intervención artística na Zona C

Un cuarto propio é a primeira das intervencións seleccionada entre as propostas presentadas en creación en artes visuáis para a Zona "C" na modalidade de proxectos de comisariado.

Do 11 de outubro ao 10 de decembro, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval.

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea 2017

Artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda danse cita un ano máis en Compostela.

Do 7 de outubro ao 25 de novembro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: