Martes 30 de marzo 2010

Axenda

Debuxando ao Principiño

O CSCX do Ensanche acolle un obradoiro de animación á lectura titulado Debuxando ao Principiño.

Os días 29, 30 e 31 de marzo, ás 9:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Festival de Músicas Contemplativas

Segunda xornada do Festival de Músicas Contemplativas. A primeira actuación do día será a do Fretwork Ensemble (Inglaterra). A continuación, Les Éléments (Francia) e Urna & Ensemble (Mongolia).

O martes 30 de marzo.

Ás 20:00 horas, Fretwork Ensemble no convento do Carme.
Ás 22:00 horas, Les Éléments na igrexa de San Paio de Antealtares.
Ás 23:55 horas, Urna & Esemble na igrexa da Universidade.

Axenda

Procesión do Cristo da Paciencia

Punto de saída
Convento de Nais Mercedarias

Percorrido
Convento de Nais Mercedarias – Rúa Fonte de Santo Antonio – Rúa das Orfas – Praza do Toural – Rúa do Vilar – Praza das Praterías – Catedral

A ter en conta...
Procesiona o Martes Santo e o domingo "Dominica in albis".

Procesiona con cruz de guía parroquial, música de banda de cornetas e tambores e banda de música municipal.

O seus confrades visten hábito de sarga branca con puños, faixa e carapucha vermella.

A talla do Santísimo Cristo da Paciencia é un crucificado que substitúe ao titular, obra de Gregorio Fernández, na procesión.

O martes 30 de marzo, ás 21:00 horas, dende o convento das Mercedarias.

Compartir: