Mércores 30 de marzo 2011

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

"A memoria da xente" en Fontiñas

A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC das Fontiñas. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 15 ao 30 de marzo, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro", na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións de Cornes acolle a exposición A Autonomía Galega nas caricaturas de Siro. Nela aparecen todos os persoeiros que participaron activamente na construción da Autonomía, dende a óptica do humor e da ironía.

Do 18 de marzo ao 2 de abril, na Casa das Asociacións.

Axenda

Mostra con motivo do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo

A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.

Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.

Compartir: