Xoves 21 de marzo 2019

Axenda

"Alguén que respira!" II Festival de Poesía para Corpo Principal

Algunhas das voces máis poderosas da poesía contemporánea do panorama internacional danse cita no festival Alguén que respira!.

Do 21 ao 23 de marzo, no Teatro Principal

Axenda

Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral

Sétima edición do Festival Atlántica,o encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica.

Do 11 ao 23 de marzo, en diferentes espazos.

Axenda

"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia

Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.

Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Real Filharmonía de Galicia: "Ventos do leste"

Antoni Wit dirixe de novo a RFG nun concerto con obras de Moniuszko, Schubert e Karlowicz.

O xoves 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Kumano Kodo: unha peregrinación a través do tempo

37 fotografías en cor e branco e negro froito das viaxes que os fotógrafos, Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama, en Xapón.

Do 24 de xaneiro ao 30 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

2MiiC. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

O uso visual da cor, a representación subxectiva da natureza e o universo feminino son os tres conceptos xerais sobre os que pivota esta segunda edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea ( MiiC), que presenta por segundo ano consecutivo en Santiago de Compostela o que se está facendo dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Ata o 31 de marzo, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: