ALCALDÍA
A 2ª edición de Compostela Gastronómica celebrarase do 16 ao 21 de abril
Co obxectivo de converter a Compostela Gastronómica nunha marca permanente, nun xeito de identificar a Santiago como un destino gastronómico de primeiro nivel, en Fitur tamén se deron a coñecer algunhas pinceladas da vindeira edición deste evento, que se celebrará do 16 ao 21 de abril. Así o anunciou o alcalde, Agustín Hernández, nunha presentación acompañada dunha mostra da gastronomía da cidade, personificada nas creación dos cociñeiros Siro González,do Caney, e Lucía Freitas, da...
ALCALDÍA
Agustín Hernández presentou en Fitur a oferta turística de pesca e excursións e a gastronomía de Área Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu a presentación de Área Santiago en Fitur 2015. No acto, celebrado no stand de Turismo de Galicia e no que tamén participaron os alcaldes de Silleda, Manuel Cuíña; O Pino, Manuel Taboada; e Vedra, Carlos Martínez, deuse a coñecer a ampla e diversa oferta turística desta zona, afondando nas tres principais liñas de acción para 2015: fomento do turismo de pesca; impulso á creación de excursións e paquetes turísticos polos concellos do...
ALCALDÍA
O dispositivo Past View Santiago permitirá ao visitante introducirse no pasado da cidade a través da realidade virtual
Fitur 2015 acolleu a presentación do proxecto Past View Santiago, un novo dispositivo que permitirá ao visitante a Santiago internarse no pasado da cidade a través de reconstrucións virtuais e realidade aumentada. Este proxecto, dispoñible na vindeira temporada de verán, nace da colaboración entre Turismo de Santiago e o Departamento de Innovación do Concello.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinou convenios de colaboración con Iberia e Turespaña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada nesta ocasión no pavillón de Andalucía en Fitur. Posteriormente, asistiu aos actos de sinatura de varios convenios promocionais do Grupo.
ALCALDÍA
Axenda de Turismo de Santiago en Fitur 2015 na xornada do xoves 29 de xaneiro
O programa da participación de Santiago en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro, inclúe reunións profesionais, sinatura de convenios e a presentación de diversos productos. As actividades promocionais realizaranse fundamentalmente este xoves 29 de xaneiro.
ALCALDÍA
Agustín Hernández asistiu á presentación en Fitur do Plan Camiño 2021
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no stand de Galicia en Fitur ao acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2015, presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
ALCALDÍA
Editada unha nova guía do Camiño Inglés
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en Fitur á presentación da oferta turística da Deputación da Coruña en Fitur e dunha guía práctica do Camiño Inglés.
ALCALDÍA
O alcalde enmarca a presenza en Fitur na estratexia de incremento do turismo foráneo e de recuperación do doméstico para 2015
O alcalde da cidade, Agustín Hernández, presentou o programa da participación de Santiago en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro. As actividades, que inclúen reunión profesionais e a presentación de diversos productos, enmárcanse na estratexia de Turismo de Santiago de seguir medrando na captación de turismo estranxeiro e na recuperación das cifras do turismo doméstico. As presentacións promocionais realizaranse este xoves 29 de xaneiro.