Que é?

É un servizo que o Concello de Santiago de Compostela pon a disposición da cidadanía para que indique as deficiencias percibidas e/o as propostas de mellora sobre o funcionamento dos servizos ou materias de competencia municipal, a través de queixas ou suxestións. É un servizo que se crea para asistir á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.

A Oficina municipal de queixas e suxestións é unha dependencia municipal creada para a tramitación das queixas e suxestións que os cidadáns presenten no Concello de Santiago de Compostela para auxiliar á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.

As queixas e suxestións diferénciase da presentación de incidencias. Considerarase incidencia:
  • Calquera aviso de necesidade de arranxo puntual dalgún elemento dun servizo básico municipal: alumeado público, transporte, limpeza da vía pública, elementos nos parques, rúas.
  • Todo escrito que presentado como queixa omita os datos esenciais na súa formalización (nome e apelidos, domicilio e documento nacional de identidade ou equivalente).

Deberá especificar todos os datos que permitan a localización da deficiencia obxecto da incidencia. Neste suposto debe canalizar o seu aviso, a través de calquera das seguintes vías:

  • Telemática, a través desta ligazón
  • Telefónica a través dos teléfonos: 010, 981543128
  • Persoalmente, na Oficina Municipal de Atención á Cidadanía (Rúa do Presidente Salvador Allende, 4- baixo).

Non é preciso indicar os datos persoais, xa que o aviso será atendido e tramitado de xeito inmediato para a mellora do funcionamento dos servizos municipais, pero é aconsellable a indicación dun teléfono ou enderezo electrónico para contactar no caso necesario.

Qué é a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións?
É unha Comisión Especial creada polo Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela para a defensa dos dereitos dos veciños e veciñas, integrada por representantes de todos os grupos políticos presentes nel, de forma proporcional ao número de membros que teñan no Pleno.
Cómo recibimos súa queixa/suxestión?
Para o Concello de Santiago a súa queixa ou suxestión é unha oportunidade de mellora. A consideramos sempre valiosa porque nos facilita información de primeira man sobre cómo é percibida por los usuarios a calidade dos servizos municipais.

Para nós cada queixa ou suxestión leva implícita unha idea de mellora, utilizable para adaptar os nosos servizos ás necesidades dos cidadáns, sen esquecer o deber de cumprir as obrigas da prestación do servizo público.
Qué se necesita para presentar unha queixa ou suxestión?
Para formular unha suxestión ou queixa, e que esta sexa tramitada, debe:
  • Presentar, preferentemente no modelo formalizado, a queixa/suxestión, especificando con claridade o obxecto da mesma.
  • O contido mínimo é: nome e apelidos, domicilio, documento oficial de identidade e sinatura.
  • Exhibir ante o funcionario municipal que recolla a queixa ou suxestión o documento oficial que acredite a súa identidade ou deixar unha copia.

As suxestións ou reclamacións en queixa non requirirán acreditar a condición de interesado/a, nin outras formalidades que as contidas na regulación específica.
Ónde se presenta?

Medio presencial:

  • Pode presentalas no Rexisto do concello de Santiago de Compostela ou en calquera dos lugares sinalados no artigo 16.4 da Lei 38/2015 de procedemento administrativo.

Medio non presencial:

  • ­ Medio electrónico: Tamén pode presentala a través da Carpeta Cidadá da páxina Web do Concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.gal
    Para acceder aos contidos da Carpeta Cidadá precisa dispoñer de DNI electrónico, certificado dixital ou da clave de usuario web.
Que dereitos derivan da presentación dunha queixa/suxestión?
O dereito de obter unha resposta coherente e adecuada á suxestión ou queixa formulada.

As suxestións ou queixas non requirirán acreditar a condición de interesado/a, nin outras formalidades que as contidas na regulación específica. En virtude deste procedemento, a persoa que presente a queixa ou suxestión non adquire a condición xeral de interesado/a, nin esta dará lugar á apertura da vía de recurso. Non obstante, quen a presentase poderá exercer o dereito de petición, nos termos previstos na normativa propia, ou calquera reclamación administrativa que en dereito proceda.
Qué contidos quedan excluídos deste procedemento?
Non se tramitarán como queixas ou suxestións os escritos que:
  • Omitan datos esenciais.
  • Supoñan abuso de dereito.
  • Sexan obxecto de reclamación con dereito a indemnización (reclamacións patrimoniais) ou teña unha regulación específica.
  • Carezan de fundamento.
  • Inexistencia de pretensión.
  • Poidan causar prexuízo a un dereito lexítimo de terceira persoa.
  • Non sexan competencia do Concello de Santiago de Compostela.
  • Pretendan a función de control político da actividade municipal.
  • Deriven de problemas entre particulares.
  • As cuestións pendentes de resolución xudicial, administrativa ou tramitadas ante o Defensor do Pobo ata a súa resolución, expresa ou presunta.
  • Nas que se advirta mala fe ou uso abusivo do procedemento para perturbar ou paralizar á Administración.
  • Calquera outra con fundamento legal.

Outros datos

  • Non teñen a consideración de recursos administrativos.
  • Non teñen a consideración de reclamacións previas ás vías xudiciais civil ou laboral.
  • Non teñen a consideración de reclamacións económico-administrativa ou de responsabilidade patrimonial.
  • A súa presentación non paraliza nin interrompe os prazos para a tramitación ou resolución dos procedementos administrativos.
  • As decisións notificadas pola Oficina municipal de queixas e suxestións non son susceptibles de recurso ningún, agás a posibilidade de dirixirse en queixa ante a propia Comisión Especial de Queixas e Suxestións.
  • As recomendacións da Comisión Especial en ningún caso anulan actos ou resolucións da administración.
Cando contestamos a súa queixa?
Recibida a súa queixa ou suxestión o Concello dispón do prazo de tres meses para informarlle das actuacións realizadas e das medidas, no seu caso, adoptadas.

O cidadán ou cidadá que presentase unha queixa ou suxestión cuxa resolución non fose satisfactoria, ou que non recibise contestación no prazo máximo de tres meses, poderá dirixirse en queixa directamente á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.
Máis información
Regulamento orgánico municipal do pleno do Concello de Santiago de Compostela (Capítulo IV da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións). Aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 27 de decembro de 2007. Publicada no BOP da Coruña do 31 de xaneiro de 2008).

Instrucións de actuación no procedemento de tramitación da Oficina Municipal de Queixas e Suxestións para a aplicación do Regulamento orgánico municipal do pleno do Concello de Santiago de Compostela.


Compartir: