Club de Debate

Descrición

Que é o Club de Debate?
Un torneo de debates entre equipos, organizado como unha competición deportiva, consonte unhas regras definidas e sobre temas previamente fixados.

E tamén...
... Unha oportunidade de traballar doutro xeito algúns dos contidos e obxectivos do currículo educativo.
... Unha ocasión que se lle pode ofrecer ao alumnado para participar dunha experiencia gratificante.
... Unha boa maneira de razoar, de aprender, de practicar... sobre a lingua e sobre outros contidos

Quen o organiza?
Os servizos de normalización lingüística de varios concellos.

Que se pretende?
Favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera).

Os contidos que se traballan principalmente teñen que ver coas habilidades comunicativas e a oratoria, mais tamén é necesario un proceso de documentación sobre o(s) tema(s) dos debates que achega nocións, datos e argumentos.

Teñen tamén moita importancia no deseño do programa o fomento do pensamento crítico, da tolerancia fronte á diversidade de opinións e o traballo en equipo.

É, por tanto, unha proposta que pode ser de interese para varias materias do currículo, ademais de para os obxectivos de normalización lingüística.

Dirixido a

Rapaces e rapazas (os equipos deben ser mixtos) de 3º e 4º de ESO ou 1º de bacharelato formando equipos compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 10 alumnos/as mais o/a preparador/a (un/unha profesor/a).

A inscrición realízana os centros de ensino porque os equipos participan no seu nome. Non se estableceu limitación ao número de equipos por centro.

Notas para o cidadán

Regulamento Club de Debate 2017

Club de debate

Solicítase en

Lingua galega
Enderezo: Pazo de Raxoi, entrada polo baixo da Travesía de Raxoi, 1º andar
Tel.: 981 542 409
Web: http://www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.

Servizos

Lingua



Compartir: