O mantemento da seguridade e convivencia é un dereito e un compoñente esencial da calidade de vida dos cidadáns. O Concello de Santiago asume a responsabilidade corporativa de desenvolver políticas transversais que enfronten as causas da inseguridade e artellen a acción converxente de distintos servicios municipais (Polícia Local, Bombeiros, Servizos sociais, Protección civil...) co obxectivo de acadar unha cidade integradora e cohesionada socialmente.

A estratexia de seguridade municipal estéase no seguintes principios:
- Prevención, para anticiparse ao problema da inseguridade e enfrontalo desde a súa xénese.
- Proximidade, para garantir unha detección temperá dos problemas.
- Participación, para asegurar unha resposta compartida.
- Solidaridade, para enfrontar as causas sociales que xeran inseguridade.
- Coordinación, para lograr unha maior eficacia e eficiencia na actuación das forzas e corpos de seguridade e demais servizos municipais.
- Calidade, ampliando a os medios dispoñibles e mellorando a prestacións e accesibilidade aos servizos municipais implicados (Policía local, Bombeiros, Protección civil, Servizos sociais...)

Compartir: