Compostela é unha cidade que garante a igualdade de oportunidades para todos os seus cidadáns e cidadás, comprometida solidariamente con políticas sociais encamiñadas á cobertura das necesidades indiduais e colectivas e á erradicación de calquera caste de desigualdade e marxinación social.

Santiago de Compostela aposta por un modelo social de cidade que procure a integración participativa na vida comunitaria e garanta a protección dos dereitos sociais, políticos e económicos dos cidadáns e cidadás máis desfavorecidas e en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

Para garantir a cohesión social, construír unha cidade inclusiva e artellar as políticas de solidariedade, igualdade e equidade social o Concello de Santiago xerou unha rede municipal de servizos sociais que teñen como obxectivos:
  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais e a organización das prestacións de protección e asistencia social.
  • A información, orientación e asesoramento aos cidadáns sobre os seus dereitos sociais.
  • O desenvolvemento de políticas integrais para favorecer a igualdade de oportunidades e a integración social.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o artellamento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade a través do voluntariado.


Enlaces

Compartir: