Concello de Santiago

[http://www.santiagodecompostela.org]


Contactos do concello
Visítanos no: Facebook Twitter

Con Futuro

Santiago de Compostela estrutúrase en cinco piares: o político-administrativo, como sede das institucións do goberno de Galicia; o educativo, polo peso da Universidade de Santiago de Compostela; o sanitario debido á importancia do amplo complexo de saúde vencellado á Facultade de Medicina; o turístico e cultural, que sostén o dinamismo da hostalaría e da restauración; e o comercial, como cabeceira de consumo dunha ampla comarca.

Sobre esa sólida base de partida Compostela proxéctase cara ao futuro para despregar as novas oportunidades que lle brinda a nova estrutura ideada a partir do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a modernización da administración local e o impulso de políticas integradas para achegar avanzadas infraestruturas e equipamentos e contribuír a diversificar a base económica, con especial atención ao estímulo da iniciativa privada emprendedora e innovadora.


© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal
Pechar