O fomento da colaboración estábel cos axentes culturais que conforman a cultura de base da cidade como son entidades culturais, salas alternativas, creadores e promotores, entre outros, son algúns dos obxectivos da promoción cultural na cidade. Esta función da difusión cultural está ligada a espazos propios como son o Auditorio de Galicia e o Teatro Principal.

A finalidade última desta promoción é o fomento da creación e da produción artística e cultural propia, centrada en Compostela co propósito de conformar unha base sólida que impulse o sector da creatividade como un dos piares do desenvolvemento cultural, humano e económico de Santiago.

Elabóranse e distribúense publicacións relativas aos programas culturais do Concello.

Compartir: