Cemiterio de Boisaca

Santiago conta cun único cemiterio, o de Boisaca, con capacidade suficiente para atender as solicitudes de enterramento nos vindeiros anos.

O programa de acondicionamento de accesos ao cemiterio de Boisaca, que incidiu sobre unha superficie de 10.000 metros cadrados, contemplou o asfaltado do vial principal, a instalación de novo alumeado público e de mobiliario urbano, a plantación de arborado e a creación de beirarrúas que parten dende o cruce coa estrada da Coruña para conducir os peóns ata a entrada do cemiterio. O Concello investiu na reforma 400.000 euros.

Pavimentouse tamén unha pista lateral que enlaza co polígono do Tambre ata onde chega unha das dúas liñas de autobuses que unen o casco urbán con Boisaca. A actuación completouse co asfaltado da explanada dianteira, ademais de nivelarse, e coa mellora da zona posterior do cemiterio, onde se instalou a rede de saneamento para a recollida de pluviais do recinto.

Compartir: