Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada

Contactos do concello

Fondo de Investimento Local


Reurbanización da rúa Londres

Seguindo o modelo da xa reformada rúa Berlín, o barrio de Fontiñas afronta a reurbanización da rúa Londres. Esta actuación, que afectará a un tramo de 550 metros de lonxitude, suporá un investimento de 2,5 millóns de euros con cargo ao Fondo de Investimento Local (FIL).

Estas obras van supoñer a transformación da rúa nun bulevar urbano. Vaise remodelar o firme e as beirarrúas e incorporarase novo mobiliario urbano, zonas axardinadas e novos servizos. Tamén se incorporará un carril bici tanto de subida como de baixada.

Para o tráfico rodado quedarán dous carrís de circulación de 3,5 metros de ancho, separados por unha illa central axardinada e iluminada. Despois da área de estacionamento establecerase unha liña de arborado cuns 100 exemplares de arce. Logo da liña de árbores situarase o carril bici, e separadas por sebes, as beirarrúas, tamén con nova iluminación e mobiliario. Igualmente, aproveitarase para crear illas ecolóxicas soterradas.



A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal