Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Facendo cidade » Capital cultural » Lingua

Información xeral sobre cursos de lingua galega

Os cursos de iniciación e perfeccionamento son convocados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través dunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia nos primeiros meses de cada ano.

Consonte o que se indica na devandita orde de convocatoria, poden solicitar cursos persoas individuais ou colectivos –entidades de calquera tipo, dentro das cales están tamén os concellos. O Concello de Santiago concorre cada ano a esta convocatoria e, unha vez resolta, ofrece os cursos que lle son concedidos á poboación en xeral en dúas quenda fixas: primavera e outono. O número de cursos concedidos varía duns anos a outros e, en función del, organízase a oferta, habitualmente en dous horarios –de mañá e de tarde- e en aulas de dúas horas de luns a venres.

Ir ao trámite


Lingua


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal