Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC)

Descrición

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) é un espazo dedicado á mellor comprensión da nosa cidade, do seu medio natural e da necesidade da súa preservación cara ás novas xeracións. Unha cidade diversa, composta por múltiples elementos que dependen uns dos outros. Un espazo humano complexo, no que se produce e consome enerxía, auga e materias primas, onde viven e conviven unha gran diversidade de ideas, opinións, culturas e xentes, que teñen a necesidade de se relacionaren entre si e co medio que os rodea.

O CIAC levaraos pola complexidade da cidade de Compostela. Polos fluxos de entrada de enerxía, auga e subministracións básicas. Polos procesos de transformación e uso, e os residuos xerados neles. Polas comunicacións que fan posible o seu funcionamento integrado. Polos diferentes espazos e ecosistemas, así como pola intervención das autoridades locais para faceren de Santiago unha cidade integrada no seu contorno, sustentable e comprometida coa conservación da biodiversidade.

Dirixido a

Á cidadanía do Concello de Santiago de Compostela

Solicítase en

Medio ambiente
Enderezo: Praza Camilo Díaz Baliño, 15 baixo
Tel.: 981 543 147
Correo: Contactar co Concello
Servizo de lacería Tel.: 981 542 323


Compartir: