Solicitudes relacionadas co cemiterio municipal de Boisaca

Descrición

Solicitude de certificado de titularidade de unidades de enterramento
Para a súa solicitude deberá achegar documentación que figura no impreso de solicitude
Información sobre o custo:
  • 3.07 Taxa pola expedición de documentos administrativos

  • Solicitude de cambio de titularidade de unidades de enterramento en Boisaca: É a modificación da titularidade do dereito funerario a favor dos herdeiros dunha unidade de enterramento por falecemento do titular ou cesión entre particulares.
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude
    Información sobre o custo:
  • 3.07 Taxa pola expedición de documentos administrativos

  • Autorización para limpeza de unidade de enterramento de Boisaca:
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude

    Solicitude de permiso de colocación/substitución de lápidas en unidades de enterramento do Cemiterio Municipal de Boisaca
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude

    Solicitude de permiso de construción de subterráneo en sepulturas do Cemiterio Municipal de Boisaca
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude
    Información sobre o custo:
  • 3.12 Taxa de cemiterio municipal

  • Solicitude de prórroga de aluguer de nicho do Cemiterio Municipal de Boisaca
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude
    Información sobre o custo:
  • 3.12 Taxa de cemiterio municipal

  • Solicitude de inhumación de cadáver/cinzas: Obtención de autorización para o depósito de cadáveres ou cinzas nunha unidade de enterramento.
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude

    Traslado de cadáveres ou restos cadavéricos: Obtención de autorización para exhumación de cadáveres, restos cadavéricos ou cinzas depositadas nunha unidade de enterramento do cemiterio municipal de Boisaca e o seu posterior traslado dentro do mesmo ou a outro cemiterio.
    Para a súa solicitude deberá achegar a documentación que figura no impreso de solicitude

    Solicítase en

    Atención á cidadanía
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
    Tel.: 981 543 128
    Fax: 981 543 129
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

    Preséntase en

    Rexistro Xeral
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
    Tel.: 981 543 122
    Fax: 981 543 133
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

    Rexistro Auxiliar do Ensanche
    Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
    Tel.: 981 543 001
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
    O Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche permanecerá pechado o día 26 de de setembro de 2018 e do 16 de outubro de 2018 ata o 22 de outubro de 2018.
    Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

    Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

    Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

    Tramítase en

    Servizos comunitarios
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende n. 6-8 baixo
    Tel.: 981 542 324
    Fax: 981 542 304
    Correo: Contactar co Concello

    Documentación

    Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



    Compartir: