Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » E-Santiago » Avisos

Avisos

Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.

SEGURIDADE CIDADÁ E CIRCULACIÓN VIARIA

Restricións circulatorias por mor dos Fogos Fin de Festa

Debido á celebración dos FOGOS FIN DE FESTA, que se tirarán desde a escalinata do Campus Universitario ás 00.30 horas do domingo 1 de agosto (noite do sábado 31 ao domingo 1), quedará cortado ao tránsito peonil, a partir das 9.30 horas, o Paseo da Ferradura e as zonas adxacentes, que estarán debidamente valadas. Poderase camiñar polo calexón que vai desde a gardería Santa Susana ata a escalinata pequena que comunica coa avenida da Coruña.

En canto ao tráfico rodado, quedará prohibido o aparcamento e a circulación na avenida da Coruña e avenida de Compostela. O estacionamento estará prohibido a a partir das 15:00 horas, e o tránsito de vehículos a partir das 22:00 horas.

A avenida das Burgas quedará cortada ao tráfico desde a confluencia con San Lourenzo. Deste xeito, os vehículos que circulen por Novoa Santos, ao chegar á avenida das Burgas, terán que xirar á esquerda cara San Lourenzo.

No que respecta ao público que presencie os fogos dende o campus sur, prégase que, unha vez rematado o espectáculo pirotécnico, non empreguen as escalinatas de acceso á Alameda ata que os efectivos da Policía Local e de Protección Civil lles indiquen que, verificados os elementos de disparo, poden subir sen risco.

Membros da Policía e de Protección Civil estarán presentes na zona para guiar a vehículos e viandantes e aclarar calquera dúbida.

Infórmase tamén que, dende as 15:00 horas, estará prohibido o aparcamento na rúa de Carretas. Ademais, quedará restrinxida a circulación por esta rúa a partir das 20:00 horas.

A Concellería de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá prega aos cidadán desculpen as molestias que estas medidas poidan ocasionar.

XUNTA DE GOBERNO

Orde do día da Xunta de Goberno do 3 de agosto

Sres./as Concelleiros/as da Xunta de Goberno Local:

Dona Socorro García Conde.
Dona Mar Martín García.
Don Bernardino Rama Seoane.
Dona Mercedes Rosón Ferreiro.
Dona Josefina Elvira Cienfuegos López.
Dona Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales.
Dona Rosa Fernández Somoza
Don Xosé Manuel Iglesias Iglesias

Ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, convoco aos/ás Sres./as Concelleiros/as arriba relacionados/as para a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 03 de agosto de 2010, ás 10:00 horas, e de non poder celebrarse, farase en segunda convocatoria o mesmo día unha hora máis tarde.

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación de acta de sesión anterior.
2.- Solicitudes de licenzas de obras.
3.- Devolución de fianzas.
4.- Recepción de obras.
5.- Informes en expedientes de actividades clasificadas.
6.- Aprobación inicial do Proxecto de normalización de predios na rúa de Amor Ruibal (Ponte Pedriña).
7.- Toma de coñecemento da Acta de ocupación de terreos propiedade de ADIF, necesarios para a execución do paso inferior Cornes-Hórreo, asinada o 22 de xullo de 2010; e posta a disposición do Ministerio de Fomento da parcela identificada na citada acta.
8.- Sinalamento de dous días de festa local para 2011.
9.- Proposta da concelleira delegada de Educación relativa ao inicio da tramitación para a desafectación da Escola rural da Peregrina.
10.- Proposta da concelleira delegada de Educación relativa á aprobación do convenio entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, para a xestión da escola infantil de Tras Parlamento.
11.- Proposta do concelleiro delegado de Sanidade relativa á aprobación dun convenio entre o Concello e a Fundación Refuxio de Animais para 2010.
12.- Proposta da concelleira delegada de Facenda relativa á concesión dunha bonificación no imposto sobre bens inmobles.
13.- Proposta da concelleira delegada de Facenda relativa á concesión de exencións na taxa pola subministración de auga e conservación de contadores, saneamento e depuración de augas residuais e prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.
14.- Proposta dos concelleiros delegados de Seguridade Cidadá e Deportes, relativa á concesión do uso do estadio municipal de San Lázaro e de diversos polideportivos, por mor da Peregrinación Europea de Xóvenes 2010.
15.- Expedientes en materia de contratación.
16.- Proposta da concelleira delegada de Circulación Vial relativa ao sinalamento dos barrios obxecto do establecemento de áreas reservadas a estacionamento de residentes.
17.- Escrito da Deputación Provincial de A Coruña relativo á falta de motivación no acordo da sesión de 6.7.2010, de solicitude de prórroga do prazo para presentación da documentación para a adxudicación das obras no POS 2010.
18.- Proposta da concelleira delegada de Persoal relativa á autorización de servizos extraordinarios fóra da xornada laboral.
19.- Proposta da concelleira delegada de Igualdade relativa á aprobación do convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o programa VAGALUME.
20.- Dar conta do protocolo de colaboración entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para a tramitación das solicitudes de novo ingreso e matrícula na escola infantil municipal de Tras Parlamento.
21.- Dar conta do traslado da data da Acta de replanteo das obras do peche do Casco Histórico por sistema de lector de matrículas.
22.- Dar conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para realizar programas de prevención de drogodependencias e adicións sociais e comportamentais.
23.- Dar conta da sinatura da adhesión do Concello ao convenio entre a Consellería de Sanidade, o SERGAS e a FEGAMP para o programa de prestación de asistencia a drogodependencias a través dos Concellos que dispoñen de unidades asistenciais.
24.- Dar conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín para realizar actividades culturais.
25.- Dar conta da concesión de subvencións ao Concello para a contratación de traballadores desempregados.
26.- Dar conta da concesión ao Concello dunha subvención pola Deputación Provincial de A Coruña para o mantemento da Escola municipal de Música.
27.- Dar conta da realización do programa COMPOSTELA ACTIVA para 2010, e xeración de crédito correspondente.
28.- Propostas da Alcaldía relativas á representación e defensa xudiciais.
29.- Dar conta dun Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo e adopción, no seu caso, dos acordos que procedan.
30.- Dar conta de Autos e Sentenzas xudiciais.
31.- Correspondencia.
32.- Rogos e Preguntas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2010

O Alcalde

Asdo:Xosé A. Sánchez Bugallo

TRANSPORTES

Modificacións no transporte urbano a consecuencia das obras

A partir do luns 19 de xullo e ata o inicio do curso escolar, produciranse cortes de tráfico que afectarán a varias liñas do transporte urbano (liñas 1, 2, 4, 5, 8, 12, 13, C4, P1 e P7).

Detállanse no documento adxunto os percorridos alternativos, paradas suprimidas e provisionais durante o corte.

Para máis información teñen á súa disposición o número de información do transporte urbano: 901 120 054 e a páxina web www.tussa.org.

Prégase disculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas modificacións.

CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Alteración do tráfico en Galeras, Salvadas e Vista Alegre

A obra no acceso á cidade que comprende Galeras, Salvadas e Vista Alegre comeza unha nova fase. A partir do luns 19, quedará cortada totalmente á circulación o tramo da rúa Galeras entre o cruce de Entregaleras (esquina do edificio de Fenosa) e a rúa Presidente Salvador Allende. Unicamente se permitirá o acceso aos garaxes.

Inverterase o sentido de circulación da rúa Poza de Bar, dende a carballeira de San Lorenzo, que a partir de agora pasa a ser de entrada á cidade. Deste xeito, ao chegar ao Pombal, os vehículos poderán xirar á dereita, en sentido centro da cidade, ou á esquerda, dirección Vista Alegre, por Entregaleras e a rúa Presidente Salvador Allende, a través da cal se incorporarán á rúa de Galeras.

Polo tanto, na rúa de Galeras quedará restrinxida por completo a circulación en sentido de entrada á cidade, a cal deberá facerse obrigatoriamente través da avenida de Castelao, se a intención é ir cara o centro da cidade, e por Casas Novas, Carme de Abaixo e Figueiras, se os condutores se dirixen ao sur da cidade.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Direccións relacionadas

CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Cortes de tráfico na Choupana e Rosalía de Castro

Comeza unha nova fase das obras de reurbanización do acceso á cidade de Rosalía de Castro - Choupana. Por este motivo, dende o 19 de xullo e ata que comece o curso escolar, o tramo da rúa da Choupana entre Antonio Rama e Blanco Nájera quedará cun único carril de circulación en sentido de entrada á cidade.

A saída da cidade efectuarase pola rúa Rosalía de Castro, desviándose os vehículos na rotonda do Hotel Peregrino por Ánxel Baltar e a avenida de Barcelona ata Antonio Rama, a través da cal se producirá a reincorporación á rúa da Choupana. Esta alternativa será a que deban tomar tamén os condutores que desexen acceder á Choupana procedentes da rúa Mestre Mateo.

Ao tempo, comeza outra fase da obra dende o extremo de Rosalía de Castro (fronte ao antigo Cine Avenida). Neste tramo quedarán unicamente dous carrís de circulación, un en cada sentido (ata agora eran dous en cada sentido).

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Direccións relacionadas

CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Corte de tráfico na rúa López Ferreiro

As concellerías de Circulación Viaria e de Infraestruturas informan do inicio das obras de reurbanización da rúa López Ferreiro a partir do luns 19 de xullo, data dende a cal se inverterá o sentido da rúa Eduardo Pondal.

A rúa Domingo Fontán cambia tamén o sentido de circulación, converténdose en saída dende López Ferreiro. Deste xeito, os condutores que circulen por Eduardo Pondal, poderán acceder á rúa de Bernardo Barreiro dirixíndose á esquerda por Domingo Fontán ou seguir de fronte, segundo o sentido no que desexen seguir.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Direccións relacionadas

CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Corte de tráfico na rúa República do Salvador

Con motivo do comezo das obras de reurbanización na rúa República do Salvador e, en concreto, no tramo entre Doutor Teixeiro e Xeneral Pardiñas, produciranse alteracións no tráfico a partir do luns 19.

No tramo en obras quedará prohibida a circulación de vehículos e unicamente se permitirá o paso para o acceso aos garaxes. Os vehículos procedentes da rúa Doutor Teixeiro e de Hórreo – República do Salvador deberán desviarse por Doutor Teixeiro cara a praza de Ponte Castro.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Direccións relacionadas

CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS

Configuración do tráfico no Hórreo

As concellerías de Circulación Viaria e de Infraestruturas comunican que o tráfico en superficie no Hórreo retomarase con catro carrís de circulación a partir do sábado 17 de xullo. Os dous carrís dispostos en cada sentido estarán separados por varandas do tipo New Jersey.

Non ser permitirán ningún xiro á esquerda, polo que os cambios de sentido faranse a través da rotonda provisional situada diante da gasolineira de Galuresa –no lugar onde xa estaba antes do inicio da obra- e dunha nova rotonda que se crea no entronque entre a avenida de Lugo e a rúa do Hórreo, no lugar onde se situará tamén cando remate a obra. Do mesmo xeito, os vehículos procedentes de Fernando III O Santo tamén deberán ir ata a rotonda para efectuar o cambio de sentido.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Direccións relacionadas

29/06/2010

Corte de tráfico na rúa do Campo do Cruceiro do Gaio

Por mor da realización de obras de reubanización pecharase ao tráfico, a partir das 9:00 horas do mércores 30 de xuño, a rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, desde a avenida de Compostela ata Poza de Bar.

Os vehículos procedentes da avenida das Burgas terán que xirar á dereita pola avenida da Coruña. Así mesmo, instalaranse paneis informativos nos que se sinalarán itinerarios alternativos: na rotonda de Lamas (estrada AC-543 procedente de Noia, punto quilómetro 2) recomendarase coller dirección Piñeiro-Figueiras para saír a Galeras; en Vidán aconsellarase subir cara Mestre Mateo.

En calquera caso, recoméndase aos condutores que para ir do sur ao norte da cidade, ou viceversa, utilicen a autoestrada AP-9 ou o Periférico, a través da rúa Camilo Otero e do vieiro Clara Campoamor, para así evitar as obras do túnel do Hórreo.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

CIRCULACIÓN VIARIA

Corte de tráfico na rúa dos Irmáns Rey Alvite

A Concellaría de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria informa que o mércores, 23 de xuño, por mor da realización de obras de reurbanización, pecharase ao tráfico a rúa dos Irmáns Rey Alvite na súa totalidade.

Os residentes con garaxe na rúa Laverde Ruíz accederán e sairán da mesma pola rúa do Hórreo.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.


   Seguintes »


Filtrar avisos



       
       
       



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300. Aviso legal